Polyura athamas

Polyura athamas é unha especie de bolboreta que habita na Asia tropical. Pertence á subfamilia Charaxinae dos ninfálidos (Nymphalidae). Está presente no Himalaia dende Caxemira até Sikkim, nas montañas centrais da India, nos Ghats orientais, nos Ghats occidentais e sur da India, Sri Lanka, Assam, distrito de Cachar, e a través de Myanmar, Camboxa e nos Montes Tenasserim até Indonesia. En agosto de 2016, un espécime foi atopado e capturado en Palawan, Filipinas.


Developed by StudentB